BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

Os teus representantes
Martiño Noriega Sánchez

Martiño Noriega Sánchez

Chámome Martiño Noriega Sánchez (A Coruña 22-02-75). Teño 32 anos e levo 28 vivindo no Concello de Teo. Sanitario de profesión, realicei a Especialidade en Medicina de Familia na área de Santiago de Compostela e ata fai 1 mes traballei como médico coordinador na Fundación de Urxencias Sanitarias do 061.
Son membro do Consello Nacional do B.N.G dende o 2006 e entrei na militancia nacionalista na Facultade de Medicina fai 14 anos participando nos CAF como representante dos estudantes no Claustro Universitario .
Levo dende fai 12 anos traballando politicamente no meu Concello dentro do B.N.G, sendo dende fai 8 anos Portavoz do seu Grupo Municipal.
O pasado 27 de Maio, a lista do BNG de Teo foi a máis votada nas eleicións municipais o que permitiu que a día de hoxe teñamos a responsabilidade da alcaldía.

Rafael Sisto Edreira

Rafael Sisto Edreira

Nacido na parroquia de Luou (Teo), ten na actualidade 44 anos. Licenciado en Química pola Universidade de Santiago, é profesor de ensino secundario na especialidade de Física e Química. O curso pasado desempeñou o seu traballo no IES de Pontepedriña (Santiago). No pasado mes de maio obtivo o título de Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago, complementando un amplo traballo no campo da historia da ciencia e da historia da educación, especialidades nas que ten numerosas publicacións. Militante do BNG dende o ano 1984, na actualidade é responsábel de Organización do BNG na comarca de Santiago e membro da súa Executiva.

Carme Diéguez González

Carme Diéguez González

Naceu en Chandrexa de Queixa (Ourense) en 1965, residente en Teo dende 1997. Vive en Ribas, Oza. Licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portugues pola Universidade de Santiago. Profesora do IES de Barro. Concelleira do BNG en Teo dende 2005.

Carme Hermida Gulías

Carme Hermida Gulías

(Forcarei, 1961) é profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela e imparte docencia na Facultade de Ciencias da Comunicación.
É autora de numerosos artigos de temática diversa, membro do equipo de redactores dos dicionarios de Edicións Xerais e, como tal, coautora do Dicionario Xerais castelán-galego, do Dicionario Xerais da lingua e do Gran Dicionario Xerais da lingua. É, ademais, directora de colección de literatura infantil e xuvenil da editorial Sotelo Blanco. É membro do Instituto da Lingua Galega dende o 1984 e dende o 1991 pertence ó seu Consello Científico. Foi secretaria da Asociación de Tradutores Galegos, presidenta das Redes Escarlata e secretaria e presidenta da Asociación de Veciños Raviña Valdés de Cacheiras.

Andrés Fernández Martínez

Andrés Fernández Martínez

Naceu en Valdoviño no ano 1945. Reside no concello de Teo desde 1988, primeiro nos Tilos e desde 1999 en Raxó. Foi mestre no ensino público e delegado sindical da CIG-Ensino, actualmente xubilado. Foi responsable local do BNG en Teo.

Anxo Rey Martínez

Anxo Rey Martínez

Nado en Santiago no ano 1952, reside nos Tilos dende hai 25 anos. Casado e con dous fillos, foi socio fundador da A. VV. Os Tilos, da que foi vocal, vicepresidente e presidente. Foi igualmente promotor da coordenadora veciñal que creclamou a canalización completa da rede de gas nos Tilos, sendo o primeiro veciño de Teo en intervir nun pleno municipal en defensa de intereses veciñais.
Exerce o seu traballo profesional nunha entidade financeira galega, habendo sido membro da súa Asamblea Xeral e do Consello de Administración en representación dos seus traballadores.
Militante do BNG dende o ano 2002.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados