BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

Compromiso con Teo

O pasado 27 de Maio a cidadanía activa do Concello de Teo decidiu co seu voto un cambio de goberno. Ese voto permitiu establecer os piares para mudar as maneiras de facer as cousas así como darnos a posibilidade de poñer en practica o ideario do BNG defendido durante todos estes anos con lealdade e coherencia nas institucións municipais. Sabemos que este troco non se limita a unha baila de caras ou a unha osixenación institucional se non que vai mais aló pretendendo inverter as políticas clientelares, irregulares e escurantistas que ata o de agora padecíamos por estes lares.

O voso desexo é o noso compromiso, o voso voto é o noso contrato asinado coa cidadanía.

Sabemos tamén que a situación herdada é moi complicada pero tamén somos conscientes que contamos cun capital humano de ilusión, xenerosidade e compromiso que calquera partido quixera para transformar unha situación difícil.

Eu, Rafael, Carmen, Andrés, Carme e Anxo somos tan só a visualización dun proxecto colectivo que agromou o pasado 27 de Maio despois de anos e anos de traballo. Concello transparente sen apriorismos, lealdade insubornable cos intereses colectivos e o compromiso de gobernar para o conxunto da cidadanía sen esquecer o proxecto político é a encomenda que asumimos como propia.

Tan só me queda agradecervos o voso apoio e transmitirvos o meu compromiso persoal e vital para mudar esta situación. Despois do dito e o falado, agora tan só fai falla converter eses apoios en feitos.

Martiño Noriega

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados