BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O BNG gaña as eleccións

Dende agora en diante nos futuros calendarios de Teo os días 27 de maio e 16 de xuño, haberá que marcalos como datas de interese histórico municipal, unhas datas que non acadarían ese carácter se non chega a ser pola labor de todos/as os que colaboraron na campaña electoral e os que veñen apoiando as distintas iniciativas e actividades do BNG nos últimos anos.

Mais a programación cultural no verán do concello non remata coa música. Este domingo 29 de xullo proxectarase a película Piratas do Caribe no campo da festa de Cacheiras. Se o tempo non acompaña e non se pode realizar ó aire libre, a proxección terá lugar no local da Asociación Rosalía de Castro. Esta actividade está enmarcada no programa Noites de cine, en colaboración coa Deputación da Coruña e está dirixido a toda a familia.

As pasadas eleccións tiraron por terra o mito de que os soños non se poden facer realidade, acadándose dous obxectivos moi importantes, por un lado Martiño converteuse en alcalde de Teo e por outro o BNG foi a forza máis votada, conseguindo a vitoria na maioría das mesas electorais. Datos dos que estamos moi agradecidos a todo o Concello.

Estes resultados non se conseguen sen unha imporante labor previa que se debe á seriedade, á honradez, e á constancia demostrada ó longo de todos estes anos de traballo; e que fixo que o BNG gañase a confianza da maioría dos veciños de Teo permitindo que cristalizase este proxecto. Non nos podemos esquecer de que moita desta importante labor é realizada por simpatizantes que, sen estaren afiliados ou afiliadas ao BNG, entregan o seu tempo e esforzo para servir de altofalante das nosas propostas e permitiron que estas puideran chegar a un maior número de teenses. Queremos darlles un especial recordo.

Esta labor non pode ser algo transitorio. O contrato que coa cidadanía que referendou o BNG, ten que ser algo que nos sirva para empezar a construír outro pais, Galiza. E para iso necesitamos crecer como organización e aumentar a nosa base social, animar a aqueles veciños e veciñas que queiran coñecernos a que se acerquen e nos fagan chegar as súas inquedanzas.

Dende o BNG de Teo, seguimos precisando da vosa axuda e colaboración, coa esperanza de que no futuro a idea de pais, e de concello, que dende o bloque se transmite sexa a idea fundamental; sempre contando con todos e todas, escoitando e sabendo facer entender os nosos obxectivos. Axudando a crecer en cidadanía e principios. Creando, en definitiva, mais democracia có esforzo de todos.

Sabemos que hai moita esperanza e ilusión, estamos seguros que non defraudaremos, pero necesitaremos que manteñades sempre o apoio que nos destes agora.

Esperamos contar con todos e todas vós.

BNG Teo

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados