BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

Programa XPRÉSATE-HO!

A FORMACIÓN PRADAIRO ABRE EN LUCÍ O PROGRAMA DE ARTES MUSICAIS XPRÉSATE-HO!

• O grupo ten previsto publicar o seu primeiro disco na primavera do ano que vén.

• O pasado mes de maio acadaron o 1º Premio no Certame de Folk organizado por Radio Obradoiro.

26 de xullo de 2007. A formación Folk Pradrairo abre mañá venres o programa de artes musicais XprésaTe-Ho!, organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Teo. A primeira actuación será no campo da festa da parroquia de Lucí e comezará a partir das 22,30 horas.

Esta agrupación musical encaixa co lema do programa, “Cultura de Teo, Cultura para Teo”, xa que segundo explica José Antonio Ferreira, membro da formación, “nove dos dez integrantes de Pradairo temos unha forte vinculación con este municipio, vén sexa porque vivimos aquí ou porque os nosos pais son veciños teenses”.

Pradairo nace da fusión de dúas formacións musicais, o grupo de pandereteiras de Compostela Acibeche, e a agrupación de corte instrumental de Teo Xa son faif. José Antonio Ferreira explica que a súa música “é unha reinterpretación da tradición, mesturando as diferentes vertentes tradicionais”. O espectáculo que presentan en Lucí este venres “leva por nome Abano, e dura entre unha hora e hora e media, con temas vocais e instrumentais” continúa Ferreira.

Pradairo nace no outono de 2006, mais este 2007 está sendo moi produtivo para eles. Entre febreiro e marzo gravan unha primeira maqueta nos estudos de son da Radio Galega e en maio deste ano gañan o primeiro premio do Certame de Grupos Folk Radio Obradoiro organizado polo grupo Correo Galego. Este premio consiste na gravación dun disco que están ultimando nestes momentos. “Estamos rematando de facer os temas que gravaremos a finais deste ano” explica José Antonio. Está previsto que o disco, que terá ó redor de 12 pezas saia ó mercado na primavera de 2008.

As próximas actuacións de Pradairo serán o 25 de agosto na localidade pontevedresa de O Viso, no Festival Lúa Meiga e o 7 de setembro en Fene.

Carme Hermida, concelleira de Cultura de Teo, explicaba na presentación da programación Verán Cultural Te07, que nesta nova etapa, preténdese descentralizar as actividades, sacar a cultura á rúa e implicar aos creadores locais.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados