BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O BNG inicia conversacións para formar un goberno municipal estable para Teo

Imaxe

O próximo sábado día 2 de Xuño, o BNG de Teo abrirá a rolda de conversas co PSG-PSOE para tratar de chegar a acordos que permitan a formación dun goberno municipal estable coa participación dos socialistas ou establecer acordos puntuais que permitan a gobernabilidade do municipio, logo de que o Consello local do BNG de Teo, na súa reunión do pasado dia 29 de xuño nomease unha comisión encargada de levar as negociacións.
Esta comisión, encabezada polo actual número dous do BNG, concelleiro en funcións e novamente electo, Rafael Sisto, a completan o Responsable Local, e igualmente concelleiro electo, Andrés Fernández, Nacho Iglesias, concelleiro en funcións e Carme Hermida, concelleira electa, e ten o encargo de Martiño Nogueira de acercar as posicións entre ous dous grupos para constituir unha alternativa de goberno municipal que efectivice o compromiso anunciado pola duas formacións de constituir unha alternativa estable que posibilite o cambio político no concello. Esta primeira toma de contacto terá lugar no Pazo de Adrán e nela esperamos fixar o procedemento a seguir para acadar o millor acordo posible para a gobernabilidade do concello.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados