Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
O BNG de Teo inaugurou o seu local electoral en Cacheiras
O BNG de Teo ven de estrear o seu local electoral, que estará aberto dende estas datas até o final de Maio.
O local centralizará toda a actividade do BNG cara ás vindeiras eleccións municipais e pretende ser una chamada de atención á cidadanía de Teo sobre a importancia destas eleccións para acadar o obxectivo de situar no concello un alcalde e unha equipa capaz de mudar as cousas definitivamente. Para eso non dubidamos en facer o esforzo de alugar un espacioso local situado nos baixos do edificio Os Muiños, ao lado de Caixa Galicia, no que, aparte de centralizar o traballo previo as elecciòns, manteremos un horario de apertura ao público, en horas mañán e tarde para poder atender cantas ideas ou suxerencias nos queirades facer chegar.