Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
MOCIÓN QUE DENUNCIA A SITUACIÓN IRREGULAR DO CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DO CONCELLO DE TEO SITUADO NA RAMALLOSA
Dende hai anos esta inaugurado o centro social polivalente do Concello de Teo. Este centro con unha función sociocultural, está neste momento sendo utilizado case como única dependencia do mesmo debido ás obras na casa consistorial, concentrándose nel a actividade administrativa municipal.
Independentemente do tramite administrativo, este grupo municipal quere mostrar o seu estupor polas características e o estado das instalacións deste centro, características que suxiren graves erros no seu deseño, construción e/ou seguimento e certificación das obras. Sen necesidade de ser unha persoa con grandes coñecementos técnicos en materia de construción e obras públicas, pódese observar detalles de deseño imposibles de conxugar coa utilidade do edificio.
Descargar documento para ampliar información