Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
Editado con carácter extraordinario o Xornal Desarmando
Con unha tirada de preto de 8000 exemplares, e distribución gratuita, o BNG de Teo ven de editar un número extraordinario do Xornal Desarmando, co que pretendemos sensibilizar á cidadanía de Teo na necesidade de propiciar un cambio no concello que, liderado por Mariño Noriega e o BNG, faga posíbel mudar o lamentábel estado no que se atopa actualmente a administración municipal. Unha administración municipal que baixo a torpe dirección de Armando Blanco e coa nefasta colabouración de Parajó teñen convertido o concello de Teo no paradigma das malas prácticas e que nos convirten en vergoñento exemplo dentro do grupo de concellos pésimamente xestionados.
A distribución deste xornal, que foi posible editar grazas á colabouración dun numeroso grupo de anunciantes, faráse mediante envio postal a tódolos fogares de Teo, o que supon un importante esforzo dentro das limitadas posibilidades de que dispoñemos pero que entendemos que é un esforzo, un máis, no que non debemos dubidar dada a trascendencia que para todos ten o acadar o obxectivo de desarmar a rede de intereses que rexe na actualidade o concello.
Esta edición, que pode consultar íntegra nesta mesma páxina WEB no apartado Voceiros>Xornal Desarmando, forma parte dunha ampla campaña que o BNG de Teo ven de acometer e que ten o seu segundo e máis inmediato acto o vindeiro 16 de Setembro coa celebración en Calo da “Festa do Desarmando”, adicada aos máis xovenes e que terá continuidade nos próximos meses en actos que iremos anunciando igualmente nesta mesma páxina dentro do contido da Campaña Desarmando.