Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
O concelleiro do PP Manuel Cajaraville acusado diante da fiscalía
A comisión de investigación creada no concello de Teo a petición do Grupo Municipal do BNG, despois de que este grupo denunciara diante do pleno a tala ilegal de árbores propiedade municipal por parte da empresa Maderas Cajaraville (propiedade do concelleiro do PP Manuel Cajaraville) , determinou probadas nas súas conclusions as acusacións do BNG de que o patrimonio municipal fora expoliado pola devandita empresa sen mediar autorización nin prezo e mesmo sen coñecemento do Alcalde, segundo argumentou Armando Blanco diante da comisión de investigación.
A petición do BNG, o pleno municipal acordou, unanimente, remitir á fiscalía as conclusións da Comisión de Investigación para que ésta determine as actuacións legais que procedan para restituir ao patrimonio municiapal os bens expoliados e as responsabilidades persoais a que houbera lugar.
Como consecuencia de estas conclusións, o BNG solicitou a dimisión do concelleiro Sr. Cajaraville quen, ata agora, non manifestou a súa intención de facer efectiva a súa dimisión. Non obstante, e diante da presión exercida polos grupos da oposición e mesmo algún membro do propio grupo de goberno, o alcalde Armando Blanco veuse obligado a cesar de tódolos seus cargos na corporación ao Sr. Cajaraville
Descargar documento para ampliar información