Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
Gas Galicia ampliará o fornecemento de gas á totalidade da Urbanización os Tilos
O Grupo Municipal do BNG presentou una moción no pleno municipal no que denunciaba as numerosas e graves irregularidades que a empresa Gas Galicia, S.A. cometeu na canalización de gas na zona alta da Urbanización os Tilos, que afectan tanto aos diámetros das tuberías utlizadas (inferiores aos contemplados no proxecto aprobado pola Consellería de Industria e presentados no concello no momento de solicitar a licencia), así como a irregularidade cometida polo propio concello ao non exixir de Gas Galicia que executase o proxecto na súa totalidade, permitindolle que este fose executado tan só parcialmente e con un investimento moi inferior ao previsto no proxecto aprobado por Industria.
O completo dossier presentado polo BNG en relación ás irregularidades cometidas, non foi suficiente para o grupo de goberno, que, pese ás evidencias presentadas, rexeitou a moción na que se solicitaba a execución completa do proxecto inicial, o que suporía extender o servizo á totalidade dos Tilos. Sorpresivamente, e diante da presión exercida polos concelleiros do BNG, o Alcalde Armando Blanco anunciou que Gas Galicia viña de solicitar a renovación da licencia para completar o subministro á totalidade da Urbanización, si ben con concretou nin prazos nin os termos do compromiso. Un compromiso que seguira a ser vixiado e exixido polo Grupo Municipal do BNG.