BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O Concello comenza a súa campaña recaudatoria creando e aplicando unha nova taxa pola recollida do lixo e sen plans de mellora dun servicio altamente deficiente no concello.

Imaxe

O Concello, ainda que non ten previsto un plan a curto ou medio prazo para mellorar o servicio de recollida do lixo no municipio, ven de poñer en circulación os recibos para o cobro dunha nova taxa que de feito ven a supoñer, una vez máis, a división dos cidadans do concello en categorías de primeira e de segunda establecendo nesta ocasión a diferenciación entre aqueles que viven en medio considerado urbán, e a quenes se lles recoñece, via pago, o dereito á recollida diaria do lixo, e aos do medio rural, que deberán seguir conformándose coa recollida de cando en vez, a cambio, eso sí, dunha rebaixa nas taxas
Esta nova Taxa de Recollida do Lixo, que non vai acompañada de ningún plan de mellora do servizo, tan só pode ser entendida polo desaforado afán recadatorio que o governo municipal do PP e do señor Parajó planea cara a enfrontar a difícil situación na que teñen sumida a economía do concello e que irá acompañada por una desmesurada suba xeral de todalas taxas municipais.
Diante desta situación o Grupo Municipal do BNG de Teo vai presentar no próximo Pleno unha moción tentando corregir estas desigualdades fiscais entre os residentes no municipio, ao tempo que estuda medidas legais que poideran por en suspenso a ordeanza que regula estas taxas no concello

Descargar documento para ampliar información

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados