Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
Adxudícanse as obras do feil que permitirán varios asfaltados e a reforma de varias escolas unitarias
- Tamén se contratará a adecuación dos parques infantís dos colexios de Calo, A Ramallosa e Os Tilos e melloras nas escolas infantís de Cacheiras e Pontevea.O Concello de Teo adxudicou provisionalmente as obras incluídas no Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) do Ministerio de Administracións Públicas que se contrataron mediante procedemento negociado da alcaldía. Trátase de seis obras que supoñen un montante de máis de medio millón de euros.
Entre estas obras destaca a
realización de varios asfaltados e actuacións
en varias escolas unitarias. Unha das obras é o asfaltado dos viais que
discorren en forma de T dende a Igrexa de Cacheiras ata o campo de
fútbol e
dende o cruce intermedio do tramo anterior ata o extremo do IES de
Cacheiras. O
acondicionamento desta zona é unha demanda tradicional da comunidade
educativa.
O presuposto desta reforma é de algo máis de 90.000 euros.
Tamén se realizarán actuacións de
afirmado da estrada entre os lugares de
Mosteiro e A Silva na parroquia de Lampai cun orzamento de case 100.000
euros.
Esta obra tamén inclúe a mellora do ramal que da acceso ao conxunto
románico da
igrexa desta parroquia, de gran interese.
A terceira obra de asfaltado deste
bloque é a que se fará no vial
comprendido entre a rotonda das Viñas, na N-550 en Reborido, ata o seu
entronque coa carretera comarcal no lugar de Carballal. Esta obra ten
un
presuposto de 65.000 euros e mellorarase o estado da plataforma, a
superficie
de rodaxe e as condicións de seguridade para a circulación dos
vehículos e
peóns.
Outra das actuacións adxudicadas é
a adecuación dos parques infantís dos
colexios de Calo, A Ramallosa, o Os Tilos e nas escolas infantís de
Cacheiras e
Pontevea. Estas actuacións buscan o cumprimento da normativa 245/2003
polo que
se establecen as normas de seguridade nos parques infantís para o que
se
substituirán os xogos e se instalará pavimento amortecedor. Estas obras
teñen
un presuposto de algo máis de 80.000 euros.
Neste bloque están tamén as melloras de varios edificios das escolas unitarias, concretamente os locais de Campos, Pontevea, Raxó e Cacheiras. Trátase sobre todo de pequenas actuacións tanto no interior como no exterior dos colexios como pintado das fachadas ou substitucións de elementos de carpintería ou sanitarios deteriorados. Esta obra conta cun financiamento de algo máis de 100.000 euros.
O Fondo Estatal tamén financiará a
obra de saneamento en Vilar de Arriba na
parroquia de Calo cun orzamento de máis de 100.000 euros. Esta obra
permitirá dotar
de rede municipal unha zona que actualmente utiliza para o subministro
pozos
particulares e traídas veciñais.