BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O CONCELLO DE TEO ESTÁ IMPLANTANDO A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA SEN NINGÚN CUSTE PARA AS ARCAS MUNICIPAIS

•    A administración autonómica buscou varias vías de financiamento supramunicipal para ese proxecto e había que renunciar a algunha das vías.
•    Fronte ás aseveracións do Partido Socialista sobre a perda dunha subvención Martiño Noriega asegura que “eu recomendaríalle ao portavoz do Partido Socialista que antes de facer o ridículo público se informase”
.

17 de marzo de 2009. Diante das informacións vertidas polo Partido Socialista sobre a perda dunha subvención do Ministerio de Administracións Públicas dende o Concello de Teo infórmase de que nestes momentos se está implantando a administración electrónica a través do contrato Teo Moderniza que está executando a empresa Informática El Corte Inglés. Este contrato está enmarcado dentro dunha dinámica de modernización local e pretende avanzar na mellora dos servizos de xestión e atención aos veciños utilizando as ferramentas da administración electrónica.

Este contrato está dotado cun orzamento de 224.000 euros, totalmente subvencionado por entidades supramunicipais. O financiamento destes traballos corresponde á Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información; e á Deputación Provincial da Coruña e non ten ningún coste para as arcas municipais.

No seu momento o Concello de Teo diante das diferentes ordes de axudas convocadas acordou presentar varias solicitudes para o mesmo proxecto. As diferentes administracións concederon esas subvencións, polo que o Concello tiña máis vías de financiaciamento do que requería o propio proxecto de execución da administración electrónica. Deste xeito antes de sacar a concurso o contrato o Concello valorou qué vías de financiación eran máis ventaxosas e a cal renunciaba. O Concello decidiu xustificar as subvencións da Consellería de Innovación e da Deputación da Coruña. Con estas aportacións a administración electrónica está subvencionada ao 100 por cen e non se inviste ningún fondo municipal. En consecuencia non se xustificou a subvención do Ministerio de Administracións Públicas xa que non era necesaria.

En resposta ás afirmacións do Partido Socialista sobre este tema o alcalde de Teo, Martiño Noriega, explica que “eu recomendaríalle ao portavoz do Partido Socialista que antes de facer ese tipo de afirmacións e de facer o ridículo público se informase e fixese ben a súa labor de oposición”.  

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados