BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O CONCELLO DE TEO TEN ADXUDICADAS DEZASETE OBRAS DO FEIL POR CASE 800.000 EUROS

-  Está previsto que case 70 traballadores participen na execución destas obras

-  Entre as primeiras actuacións destacan as obras de asfaltado e instalación de parques infantís

O Concello de Teo ten adxudicadas neste momento un total de dezasete obras financiadas a través do Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL) do Ministerio de Administracións Públicas. As primeiras actuacións contratadas son as que primeiro foron validadas polo MAP e as de menor importe xa que o procedemento administrativo de contratación resulta máis áxil. Teo presentou un total de 30 obras que serán financiadas con cargo aos fondos estatais.

As obras adxudicadas ata este momento céntranse na rede viaria, en instalación de parques infantís e mellora de equipamentos. No que se refire ao acondicionamento de viais acondicionaranse os firmes de Verxeis-Oza, a estrada Cacheiras-Noenlles-Santa Lucía, a pista Pontevea-Pazos, e os viais de Coto e Reboredo, estes últimos lugares da parroquia de Bamonde.

Os parques infantís son outro dos bloques que está practicamente ultimado. Neste momento está contratada a instalación de parques infantís en Parque Montouto, na parroquia de Calo, na parroquia de Luou, en Recesende e en Oza.  

Outra das cuestións que se atenderá con cargo aos fondos estatais son as obras de saneamento. Concretamente xa está adxudicada a obra de saneamento no lugar de Bustelo en Luou. Tamén están contratadas actuacións noutros equipamentos como a instalación de vestiarios no pavillón da Ramallosa, uns vestiarios debaixo das gradas do campo de fútbol de Cacheiras, a colocación dun aseo e a pavimentación do parque exterior da Escola Infantil Municipal dos Tilos ou o arranxo do tellado da escola de Tras do Eixo.

As obras contratadas ata o de agora teñen prazos de execución curtos que na maioría dos casos non superan o mes de prazo de execución. Está previsto que se comece a obrar nos próximos días na maioría dos casos. O Concello de Teo contaba con 3.000.000 de euros no FEIL. As obras adxudicadas ata o de agora ascenden a case 800.000 euros.  

Un dos obxectivos do Fondo Estatal é a xeneración de emprego. A previsión que manexa o Concello é que nas dezaoito obras que están a piques de comezar traballen un total de 69 persoas.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados