BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O BNG acercará a 1000 teenses o seu programa para Galiza

O Bloque Nacionalista Galego de Teo continúa cun nutrido programas de actos nos vindeiros días. Nas últimas semanas achegáronse a localidade para compartir o proxecto da organización nacionalista personalidades destacadas do nacionalismo galego, entre elas o mesmo Anxo Quintana. E para os próximo días están prvistos novos actos nos que poder achegar até os veciños e veciñas as propostas mías salientábeis do programa nacionalista.

Estes novos actos terán comezo dende mañá mesmo, cun acto previsto para as oito e media da tarde no local da Asociación Cultural A Pontevella, en Reis. No mesmo participará Rosario Fernández Vello, membro da Executiva Nacional e unha das moitas mulleres presentes nas listas nacionalistas de cara aos próximos comicios.

O mércores e o xoves os veciños e veciñas terán a oportunidade de escoitar aos responsables de dúas áreas de grande interese na comarca. Por unha banda, o mércores dezanove ás oito e media da tarde Alberte Souto, Secretario Xeral de Medio Rural, estará na Casa Común de Oza presentando os proxectos do BNG para a próxima lexislatura. Por outro lado, Ana Luísa Bouzas, Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade, tratará sobre os avances neste campo e sobre outros asuntos de importancia no Hotel de Os Tilos, o xoves ás 20:15 horas.

Os mitins preparados polo Bloque Nacionalista de Teo seguen tamén a vindeira semana cun acto no Pazo de Adrán, na parroquia de Calo, no que participarán Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade, e Ana Pontón, número dous nas listas do BNG pola provincia de A Coruña.

Precisamente Ana Pontón foi un dos moitos convidados que xa pasaron xa polos mitins organizados na localidade. Ademais da xa mencionada visita do candidato á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana, achegáronse ata Teo Milagres Lantes, delegada da Consellaría de Cultura, o Director Xeral de Medio Rural, Gonzalo Flores, ou Paco Jorquera, voceiro do BNG no Congreso dos Deputados.

A intención do Bloque Nacionalista con esta serie de actos é achegar as súas propostas para Galiza ás pequenas parroquias de Teo, favorecendo un contacto directo entre os veciños e veciñas e os responsables do BNG. Martiño Noriega, alcalde de Teo, participa en todos os mitins, a través dos cales se espera que máis de mil persoas coñezan mellor as propostas nacionalistas.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados