BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

A AULA DE INFORMÁTICA E A REDE DE DINAMIZACIÓN OFERTA A NOVA PROGRAMACIÓN PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2009

Durante este ano desenvolveranse actividades na aula de informática e na Mediateca do Grilo.

A Aula de informática tivo durante o 2008 máis de 800 usauarios que realizaron case 3.000 visitas.

A Aula de informática, dependente do Departamento de Cultura, e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información veñen de presentar a súa oferta para o primeiro trimestre do 2009. Unha das maiores novidade é que neste período as actividades que se ofertan serán desenvolvidas na Aula de informática, na Ramallosa, e na Mediateca do Grilo en Cacheiras.

O Concello e a Rede de Dinamización ofrecen aos cidadáns sendas programacións ata marzo con diversidade de cursos e obradoiros encamiñados a introducir ás persoas nas novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Segundo explican as monitoras da aula “existe unha gran variedade de oferta dirixida a múltiples perfiles de usuario/a”. Entre outros pódese realizar un curso de alfabetización informática, un curso de internet, un curso de excel, varios obradoiros de iniciación á informática e a internet, un de edición básica de imaxes co programa Gimp ou un taller para fortalecer a memoria a través de diversas páxinas web específicas.

Calquera persoa maior de 16 anos pode anotarse nestes cursos. Para facelo só ten que cubrir unha ficha de inscrición que pode recoller na Aula de informática municipal, na mediateca do Grilo ou no Rexistro Xeral do Concello, así como descargala da páxina web municipal www.concellodeteo.com. Unha vez cuberta débese entregar no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas e os sábados de 09:00 a 13:00 horas.

Todas as actividades son gratuítas a excepción dos cursos que teñen un custo de 15 euros, sendo a taxa de 10 euros para o segundo membro da unidade familiar que se apunte e de 5 para o terceiro e sucesivos.

Para solicitar máis información poden achegarse pola Aula de informática municipal, no edificio do xulgado, ou chamar aos teléfonos 981 815 700 ou 606 984 841. A aula de informática funciona como aula aberta de acceso libre de luns a xoves polas mañás de 08:00 a 10:00 e de 12:00 a 15:00 horas; e polas tardes de 16:00 a 19:00 horas. Os venres a aula aberta funciona só pola mañá de 08:00 a 10:00 e de 12:00 a 15:00 horas.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados