A programación cultural para o Nadal oferta actividades para os máis pequenos.
- As
actividades para os maiores céntranse no programa de voces corais
Cantateo.
- O 5 de xaneiro realizarase a
tradicional Cabalgata de Reis.
O Departamento de
Cultura está pechando as
actividades culturais para o Nadal que están dirixidas prioritariamente
aos
máis pequenos/as da casa. A música, o teatro e a tradicional Cabalgata
de Reis
serán os grandes protagonistas desta programación.
Este
sábado ás 17:00 horas no
Centro Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras terá lugar un concerto
didáctico
de música clásica co quinteto de vento Pentafonía e coa compañía de
monicreques
“Seis dedos”. O próximo martes 16 a compañía de danza
As Driadas presenta a peza IN_NOVA
no IES de Cacheiras a partir das 16:30 horas.
O
sábado 27 de decembro chegará a
Teo o pallaso Fredi cun espectáculo dirixido sobre todo ao público
infantil, Circanelo. A actividade
realizarase a
partir das 17:00 horas na Mediateca de Cacheiras. No espectáculo
combínase o
teatro xestual, a danza, a acrobacia e o mimo ou o clown.
O
domingo 4 de xaneiro Caramuxo
teatro presenta a peza de teatro infantil e xuvenil Historia
dunha semente. A obra de teatro está dirixida aos nenos/as
de máis de tres anos. A actividade dramatizarase no local social de
Luou ás
17:00 horas.
O
luns 5 de xaneiro celebrarase a
tradicional Cabalgata de Reis. Os Reis Magos chegarán en tren á
estación de
Osebe para a continuación percorrer o Concello. Despois do paseo
oficial haberá
unha recepción no pavillón da Ramallosa onde haberá contacontos e unha
exposición coas obras presentadas ao V
Concurso de postais de Nadal do Concello.
Aula de
informática
A
programación da Aula de informática municipal
nestas datas tamén estará dirixida prioritariamente aos máis novos.
Ademáis
este ano por primeira vez organizaranse obradoiros, ademáis de na aula
da
Ramallosa na Mediateca do Grilo de Cacheiras.
Os
obradoiros que se realizarán na Mediateca son Pinta
o Nadal: creación de debuxos os
días 22, 26 e 29 de decembro entre as 10:00 e as 11:30 horas. Os días
22 e 23
de decembro pola tarde desenvolverase un curso de mecanografía
para nenos. Estas actividades realízanse coa
colaboración da Rede de Dinamización da Sociedade da Información.
As
persoas interesadas en anotar aos seus
fillos/as nestes obradoiros poden facelo entre o 8 e o 18 de decembro.
Só teñen
que cubrir unha ficha de inscrición que deben entregar no Rexistro
Xeral do
Concello.
Na
aula de informática tamén haberá un obradoiro
de creación de calendarios, un
obradoiro sobre os ídolos en internet,
un obradoiro de creación de blogs e
unha xornada nocturna na propia
Aula
o 19 de decembro. Nestes casos o prazo para anotarse será entre o 9 e o
17 de
decembro.
Cantateo
Pensando
nas persoas maiores o Concello
programou para os domingos do mes de decembro o encontro de voces
corais Cantateo. Esta actividade
desenvólvese
nas igrexas e este ano conta coa participación de doce formacións
corais de Teo
e de fóra do municipio.
O
domingo 14 na igrexa de San Francisco
dos Tilos estarán o grupo de canto Aleceia dos Tilos e o real coro
Toxos e
Froles. O domingo 21 o Cantateo chega á parroquia de Calo. Na súa
igrexa
cantarán a coral da A.C. Cruceiro de Monte, a coral polifónica de Luou
e a
coral polifónica da S.R. de San Xoán de Calo.
O
programa de voces corais
pechará este ano na parroquia de Rarís. Ese día participan o coro da
agrupación
veciñal da Igrexa de Lampai, o grupo de canto parroquial de Teo, o coro
parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos e o coro parroquial de
San Miguel
de Raríz.
Ademáis do Cantateo o sábado 20
de decembro no local da Pontevella en Reis o grupo de pandereteiras
Leilía
ofrecerán un concerto. Será a partir das 22.00 horas. A entrada a todas
as
actividades é de balde.