Publícase a oferta pública de emprego 2008 do Concello de Teo.
O Concello de Teo vén de publicar
a oferta pública de emprego para o
exercicio 2008. O anuncio aparece hoxe no Boletín Oficial da Provincia.
Neste
momento publícase o listado de postos que saen ofertados e nas próximas
semanas
anunciarase as bases de cada un deles.
O anuncio da oferta pública de emprego é un
requisito ao que obriga a lei,
sempre que o Concello teña prazas que ofertar. A última oferta
publicada foi a
de 2006 que acabou de xestionarse nos últimos meses. O prazo para
executar a
oferta publicada hoxe é de tres anos e irase realizando en función das
necesidades dos servizos.
Dentro da oferta recóllense prazas de persoal
funcionario e laboral que se
cubrirán mediante oposición libre ou mediante concurso oposición. Entre
as
prazas ofertadas destacan
sete postos de
peóns de servizos básicos que se cubrirán con urxencia. Neste momento a
brigada
de parques e xardíns estaba funcionando con contratos de traballo
temporal.
Outras das prazas que se ofertan son seis de
garda de policía local. Unha vez
cubertas o corpo da policía municipal pasaría a contar con 16 axentes,
co que
se achegaría ao ratio de un garda por cada mil habitantes.
Outros postos de traballo que se cubrirán serán o de técnico/a de
educabión
e dinamización xuvenil que nestes momentos non existe, un
bibliotecario/a,
tractoristas, un limpiador/a ou un técnico/a de informática.
O anuncio completo pode consultarse na páxina web municipal www.concellodeteo.com.