Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
O BNG PRESENTA EN TEO A EXPOSICIÓN “TRANSFORMANDO GALIZA”
O
responsable local do BNG, Renato Núñez, presenta
esta mostra
como
unha exposición
onde se repasan os principais
medidas adoptadas polo BNG na Xunta de Galiza durante esta lexislatura.
A
exposición, situada o luns en
Cacheiras, diante do Banesto, e o martes no estacionamento da Casa
Touceda,
xunto ao recinto da feira do San Martiño,
esta a percorrer as
principais vilas e cidades galegas para amosar a labor
do BNG na Xunta de Galiza e realizar un diálogo coa sociedade galega.
“O
BNG foi o que impulsou un
auténtico cambio na Xunta de Galiza”
Renato Núñez
salientou que “ cúmprense
tres anos dun feito histórico para Galiza: en agosto de 2005 o
nacionalismo
galego accedeu por primeira vez na súa historia ao goberno da Xunta de
Galiza”.
Neste
sentido, subliñou que
“foi o BNG o que impulsou un auténtico cambio na Xunta de Galiza
durante estes
tres anos, adoptando medidas valentes que benefician ao conxunto da
sociedade e
mostrándonos firmes ante as decisións de Madrid que prexudican ao noso
país ou
ante os sectores que procuran o lucro máximo a costa de toda a
sociedade”.
“A mellor garantía dunha transformación real do noso país é cun presidente do BNG á fronte da Xunta”
“Fíxose moito durante estes tres anos, pero precisamos incrementar o voso apoio para que estes cambios se consoliden, para recoller todos os seus froitos e para marcar novos obxectivos que melloren a calidade de vida dos galegos e galegas”, asegurou o responsábel local do BNG.
A
este respeito, Renato Núñez
subliñou que “a mellor
garantía dunha transformación real do noso país é cun presidente do BNG
á
fronte da Xunta de Galiza”.
A
exposición “Transformando
Galiza” permanecerá aberta entre as 10:00 e as 14:00 horas e entre as 16:00 e as
20:00 horas até o martes.