Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
O GOBERNO MUNICIPAL LEVA A PLENO A CONSTITUCIÓN DO PLAN MUNICIPAL DO SOLO
-
O
PsdeG-PSOE presenta unha moción para a constitución dunha comisión de
investigación sobre o asfaltado da estrada Solláns-Luou
-
Na
sesión votarase a conta xeral 2007 ademais da depuración contable de
facturas
doutros exercicios
A corporación teense reúnese mañá 29
de outubro para realizar a sesión ordinaria do pleno do mes de outubro.
A
sesión terá lugar, como é habitual, ás 20.00 horas no Centro
Sociocultural da
Ramallosa.
O grupo
de goberno leva a pleno a
constitución do Plan Municipal do Solo (PMS). Trátase dun documento no
que se
especifican as fincas e terreos municipais derivadas, sobre todo, de
aproveitamento urbanístico. Este é un documento necesario por lei para
realizar
calquera tipo de operación de alleamento de patrimonio municipal así
como
permutas. Despois da súa aprobación no pleno o documento estará en
exposición
pública.
Durante
a sesión de mañá
debateranse varias mocións presentadas polos diferentes grupos
políticos con
representación. Destaca a moción do Partido Socialista no que se pide a
constitución dunha comisión de investigación política sobre o asfaltado
da
estrada entre Solláns e Luou, obra incluida no PCP da Deputación do
2007.
O PsdeG
presenta varias mocións
sobre a ordenación do tempo de traballo ou a xornada mundial polo
traballo
decente.
A área
económica tamén terá o seu
protagonismo no pleno. Ademais da aprobación da conta xeral 2007
debateran un
recoñecemento extraxudicial de crédito e unha depuración de facturas de
exercicios contables pechados. No primeiro caso trátase dun erro na
cálculo no
abono da paga extraordinaria do mes de xuño de nove traballadores, que
debe ser
recoñecida para poder facela efectiva. No tema da depuración o que se
fai é
axustar a contabilidade do concello á súa situación real, sobre todo no
caso de
facturas que aparecían como pendentes pero están pagadas ou foron
condonadas
–como no caso de algo máis de 800.000 coa empresa Aquagest- e de
facturas que
non estaban contabilizadas pero existen. Con estes axustes a débeda do
Concello
baixa en algo máis de 700.000 euros.
A orde do día ten os seguintes puntos: