Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
O IES DE CACHEIRAS ACOLLE UN OBRADOIRO DE GRAFFITI PARA DINAMIZAR E INCENTIVAR A CREATIVIDADE EN GALEGO
- Servizos Sociais organiza un taller dirixido a pais e nais do alumnado do instituto para detectar problemas da alodescencia.
O instituto de educación secundaria de Cacheiras (IES Cacheiras) acolle esta semana un Obradoiro de graffiti organizado en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Esta actividade desenvolverase este mércores 29 pola mañá no pavillón do centro escolar e nela participarán ao redor de 100 nenos/as maiores de 12 anos. No obradoiro tamén participa un grupo de escolares irlandeses, que están de intercambio en Cacheiras estes días.
O obradoiro de graffiti está
impartido por Anxo Fariña, licenciado en Belas
Artes, ilustrador e director de arte. Durante a sesión o monitor
explicaralle
aos asistentes a relación entre os signos e as letras e a súa evolución
de cara
a establecer un pequeno xogo no que os rapaces poidan debuxar por
exemplo un
“gato” coas letras da palabra “gato”. De cara ao final da sesión
explicarase a
técnica relacionada co graffiti así como as técnicas básicas de cor,
forma e
composición.
Traballo
cos pais e nais
Por outra banda o Departamento de Servizos Sociais organiza un programa de Detección e intervención dos problemas da adolescencia nos sistemas familiares dirixida aos pais e nais do alumnado de 1º de ESO do IES de Cacheiras. Este taller celebrarase os xoves 20 e 27 de novembro e o 4 e 11 de decembro, ás 20.00 horas no instituto. A actividade é gratuíta e para anotarse só hai que entregar o impreso cuberto no IES, no Departamento de Orientación.
Nesta actividade para pais e nais
traballarase sobre a adolescencia no
sistema familiar, sobre as diferentes familias e diferentes estratexias
de
intervención; os retos dos máis novos/as –o espertar da sexualidade, o
consumo
de drogas, as amizades-; e as ideas e roles da educación como
pais/nais. O
taller estará impartido por Pilar Bermejo, psicóloga da UMAD (Unidade
Municipal
de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago).