BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O Concello organiza o I mes de teatro "Sábados á escea"

O departamento de cultura do Concello organiza este mes de outubro o "I mes de teatro: sábados á escea", que supón unha iniciativa coa que se pretende identificar este mes co teatro. As funcións serán as seguintes:

- Sábado 2: Caramuxo Teatro. Presenta a obra "Vagamundos", ás 18:00 horas na Mediateca de Cacheiras (público infantil).

- Sábado 11: Ateaco Teatro. Presenta "O achado do castro", ás 18:00 horas no CEIP da Ramallosa (todos os públicos).

- Sábado 18: Mofa e Befa. Presentan "Xente ao lonxe", no local da Mámoa de Luou (adultos).

- Sábado 25: Fas-que-fas Teatro. Presenta "O home que inventou unha maneira de andar", ás 18:00 horas no local da Asociación Cultural e Deportiva Os Tilos.

No mes de novembro, fóra da programación do mes de teatro haberá as seguintes funcións:

- Sábado 8: Bacana Teatro. Presenta "Hendaya mon amour", ás 18:00 horas no local da Pontevella en Reis.

- Sábado 15: Caramuxo Teatro. Presenta "Zapatos", ás 18:00 horas na Mediateca de Cacheiras.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados