BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O Pleno decidirá sobre a modificación dos proxetos da obra entre Mazas e a igrexa de Luou

O pleno da corporación de Teo reúnese mañá mércores 24 de setembro na súa sesión ordinaria. A convocatoria realízase en horario de tarde ás 20.00 horas no Centro Sociocultural da Ramallosa.

O pleno deste mes decidirá entre outras cousas os festivos locais para o 2009 de cara a establecer o calendario laboral para o vindeiro ano. A proposta da alcaldía é que se sinalen como festivos o 21 de maio, día da Ascensión, e o 11 de novembro, festividade do San Martiño.

Un dos principais puntos para o debate na sesión do mércores será a proposta da alcaldía do modificado de dous proxetos técnicos das obras do PCP 2007 de afirmado e acondicionamento do tramo entre Mazas e Quintáns e entre Veiga da Brea e a igrexa de Luou. Na realización destas obras realizáronse melloras de cara a incrementar a seguridade viaria e a economía no mantemento da rede viaria. Dado que estas obras se inclúen nun Plan de Cooperación Provincial o Pleno debe apoiar a modificación dos proxetos para poder repercutir o incremento de custo das melloras na parte proporcional á institución provincial.

Outro dos asuntos destacados é a proposta do PsdeG-PSOE dun plan de racionalización do gasto municipal ou plan de austeridade. O grupo socialista propón unha batería de medidas para o aforro entre as que destacan a elaboración dun plan enerxético municipal, a revisión dos presupostos para axustar o balance entre ingresos e gastos, revisar contratos de servizos, axilizar o alleamento de patrimonio municipal coa venda dos soares dos Tilos e Augas Mansas, substituir as subvencións ás asociación por convenios, conxelar os soldos da corporación no 2009, suprimir a dedicación parcial da concelleira de Cultura e reducir 6.000 euros anuais as dedicacións exclusivas do PP e do PSOE.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados