BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

A pista multideporte ubicarase nun terreo municipal no entorno do instituto

O goberno municipal acordou ubicar a pista multideporte prevista para a parroquia de Cacheiras, nun terreo municipal nas inmediacións do IES da mesma parroquia. Esta foi a decisión que se tomou despois dunha reunión entre o movemento asociativo de Cacheiras e representantes municipais o pasado venres 12 de setembro.

A concelleira de Cultura, Carme Hermida, estivo acompañada por outros concelleiros do goberno municipal e polo alcalde, Martiño Noriega. No encontro participaron ó redor de cincuenta persoas, representando á Asociación Cultural Rosalía de Castro, ao Club de Fútbol de Cacheiras, á AAVV San Simón de Ons, á AAVV de Augas Mansas e do Patronato do Cemiterio. Nesta xuntanza tamén estaba presenta Manuel Rama, concelleiro do Partido Socialista.

Durante o encontro Carme Hermida fixo unha explicación das razóns polas que se valoraba a esplanada do cemiterio como unha opción óptima. Tamén se espuxo a posible ubicación no entorno do instituto. Durante a reunión tamén se falou doutras lugares no que colocala coma o entorno de Augas Mansas.

Acordouse que a instalación se realizará finalmente preto do instituto. A ubicación da pista, a escasos metros do IES, non ocupará toda a superficie da finca. A pista é unha instalación prefabricada con céspede artificial, e ten unhas dimensións de 28,70x15,20 metros, algo menos de 500 metros cadrados. Nesta pista polivalente ó aire libre poderanse practicar fútbol sala, balonmán, hockei, voleibol, tenis ou ximnasia.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados