BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

Obras na gardería de Calo

- En setembro comeza o curso nas escolas infantís para un total de 141 matriculados

- En Teo quedaron corenta e sete nenos/as en espera de ter praza nos Tilos ou Calo, aínda que pola tarde continúa a haber vacantes  

   A escola infantil de Calo volveu a recuperar o son habitual dos nenos e nenas nas aulas. Un total de setenta e un matriculados comezan hoxe o curso en Calo. Durante o mes de agosto a escola permaneceu pechada para acometer diferentes reformas moi necesarias no inmoble. Durante ese mes os alumnos/as foron atendidos no centro dos Tilos.  

Pola súa banda na escola infantil dos Tilos matriculáronse neste curso un total de setenta nenos/as. Nos dous centros públicos hai listaxe de espera en horario de mañá. A oferta de prazas nas garderías públicas non é suficiente no municipio e hai cincuenta alumnos/as en espera. Esta listaxe dase nos horarios da mañá, tradicionalmente máis demandados. Sen embargo pola tarde, tanto no centro dos Tilos coma en Calo, hai prazas vacantes. En Calo hai trinta e unha vacantes nas diferentes aulas e nos Tilos hai 10 vacantes.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados