Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
Convenio para a limpeza forestal
- A Consellería de Medio Rural subvenciona a limpeza de 60 hectáreas do total
- Os traballos enmárcanse dentro das labores de prevención de incendios forestais
O Concello de Teo limpou este ano máis de oitenta hectáreas en vías, camiños e terreos forestais de titularidade municipal. Estes traballos realízanse para previr incendios forestais e en caso de que se produzan minimizar o seu impacto social e económico. Mediante a firma dun convenio, a Consellería de Medio Rural subvenciona parte destes traballos.
Concello e Consellería asinaron o 14 de abril un convenio de colaboración polo que a administración autonómica asumirá o custe da limpeza dun total de 60 hectáreas, aínda que os traballos permitiron desbrozar máis terreo. Estas tarefas realizáronse, durante os últimos meses, con medios propios, tractor municipal e persoal do Concello. As actuacións realizadas centráronse na xestión da biomasa vexetal nas vías, camiños e masas comúns municipais.