BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

Comenzou o programa de concertos XPRÉSATE-HO

O programa de concertos XPRÉSATE-HO! botou a andar en Teo co concerto inaugural do músico norteamericano Kevin Carr. O Departamento de Cultura do Concello puxo en marcha este festival musical o ano pasado. Segundo as palabras da concelleira Carme Hermida “nesta edición preséntase máis renovado, máis perfilado e máis concorrido”.

 A concelleira de Cultura explica que este ano “houbo un gran número de grupos do Concello que amosaron o seu desexo de participar no XPRÉSATE-HO!”. Esta circunstancia obrigou a redeseñar o circuíto e realizaranse varios concertos temáticos durante os meses de xullo, agosto e setembro. A maioría das formacións que participan son de Teo ou teñen unha importante vinculación co municipio. 

O un de agosto realízase o concerto de pop e música de autor coa participación de Eccehomo, Xoán Curiel, Snatch e Dirtysocks no campo da festa de Santa María de Teo a partir das 22.30 horas.  

O rock é un dos estilos preferidos polos músicos teenses polo que están programados dous concertos. O primeiro será o 14 de agosto na carballeira de Francos en Calo coa actuación de Anesthesia, Desekilibrio Mental e Medomedá. O 6 de setembro terá lugar a segunda cita co rock no campo da festa de Cacheiras no Raxó coa intervención de Los sin techo, A meiga do norte e o Soño eterno. Todos os concertos son ás 22.30 horas.  

O 17 de agosto haberá un concerto de folk no campo da festa de Bamonde coa actuación de Alvariza e Pradairo. O 20 de setembro péchase a segunda edición do XPRÉSATE-HO! cun concerto de hip hop nos Tilos, na explanada da piscina municipal. Actuarán as formacións Traumaturgia, Mito Krónico, Trukos Técnikos, Pa la Peña e ZvZ.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados