BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O Programa de conciliación DIVERTEO volve en setembro ós coles de Calo, A Ramallosa e Os Tilos

·        O prazo para anotarse no programa remata o próximo 23 de agosto 

·        O horario das actividades será só ata o mediodía nos tres centros

A Concellaría de Educación ultima nestes días o programa DiverTeo para o mes de setembro. Este programa de conciliación familiar a laboral desenvolverase entre o 1 e o 10 de setembro, xusto antes do comezo do curso escolar e está dirixido a nenos/as de tres a doce anos.  

Durante o mes de xullo estase realizando o Verán Animado na Ramallosa. Sen embargo no mes de setembro o programa DiverTeo volve aos tres centros escolares da Ramallosa, Calo e Os Tilos. Esta actividade farase en horario de mañá de 09.00 a 14.00 horas.  

As persoas interesadas en anotarse poden facelo no Rexistro Xeral do Concello ata o 23 de agosto en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e os sábados de 09.00 a 13.00 horas. O custo da actividade é de 15 euros para o primeiro neno/a, 10 euros para o segundo/a e 5 euros para o terceiro/a ou sucesivo/a.  

Como novidade no mes de setembro nos Tilos haberá servizo de comedor se hai un mínimo de 15 nenos/as anotados. Segundo explica a concelleira de Educación esta foi unha demanda expresada polos pais/nais desta zona. O custo do comedor é de 32,50 euros pola quincena.

 

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados