Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
AS PERSOAS INTERESADAS EN CELEBRAR UNHA FOGUEIRA EN SAN XOÁN DEBEN SOLICITALO NO CONCELLO
O Departamento de Medio Ambiente informa que as persoas, asociacións ou entidades que queiran organizar unha fogueira a noite de San Xoán, o 23 de xuño, deben cubrir unha solicitude para a súa realización. Unha vez cuberta deben entregala no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou o sábado de 09:00 a 13:00 horas.
O prazo para presentar as solicitudes remata o xoves próximo, 19 de xuño. Nas solicitudes, que se poden descargar na páxina web www.concellodeteo.com, deberán indicarse os datos do responsable da fogueira e o lugar no que se vai realizar.
O Departamento destaca algunhas normas como a necesidade de facelas a unha distancia de polo menos 12 metros de edificios ou árbores. A fogueira non debe superar os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura. Tamén se debe prestar atención e non situalas debaixo do tendido eléctrico ou telefónico, ou preto de produtos inflamables.