Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
O PROGRAMA DE CONCILIACIÓN VERÁN ANIMADO DISPORÁ DE SERVIZO DE COMEDOR
O programa Verán Animado impulsado pola concellería de Educación do Concello de Teo terá servizo de comedor.
O horario da actividade é de 08:00 a 15:30 horas. Non obstante cada neno/a pode entrar á hora que mellor lle conveña. O prezo do comedor é de 39 euros por quincena, aínda que o usuario pode quedarse en días soltos, caso no que o custe é de 3,25 euros.
A actividade divídese en dúas quendas e cada asistente pode asistir só unha quincena ou as dúas. O Verán animado 1 desenvólvese do 30 de xuño ao 15 de xullo e o Verán animado 2 entre o 16 e o 31 de xullo. A asistencia ten un custe de 15 euros por neno/a por quincena. No caso de que asista un segundo fillo/a este só pagaría 10 euros, e o terceiro e sucesivos 5 euros. Estes prezos non incluen o custo do comedor.
O prazo para anotarse neste programa de entretemento remata o 12 de xuño no rexistro do concello. Para inscribirse hai que cubrir unha ficha de inscrición, presentar o resgardo de ter aboadas as taxas, a fotocopia da tarxeta sanitaria e os impresos de autorización que se poden descargar na web www.concellodeteo.com.