BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O DEPARTAMENTO DE BENESTAR PON EN MARCHA O OBRADOIRO PALABRAS MAIORES

O concello de Teo está organizando un Obradoiro de Palabras Maiores que se realizarán nos meses de xuño, setembro e novembro. Esta actividade lúdica está dirixida a persoas maiores de 60 anos. O programa será temático e cada mes abordarase un tema relacionado coa tempada. Así por exemplo no mes de setembro os asistentes ós obradoiros falarán da cultura do viño e realizarán actividades relacionadas coa vendima.  

A actividade, que é gratuíta para os asistentes, conta coa colaboración da Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar e pretende fomentar a participación e o movemento asociativo entre o colectivo das persoas maiores. A previsión coa que traballo o departamento de Benestar é crear grupos de traballo nas parroquias de Oza, Recesende e Lucí. Os grupos reuniranse unha vez á semana en horario de 19:30 a 21:30 horas. As persoas interesadas en asistir ós obradoiros poden inscribirse nos Servizos Sociais do concello, persoalmente ou telefónicamente no 981 809 707. 

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados