Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
O grupo de goberno sacou adiante a súa proposta co voto en contra de todo o Grupo Socialista de Teo
Tras case tres horas de debate - nun pleno que contou cunha importante asistencia de veciños de Rarís - no que o BNG defendeu a necesidade de rematar coa situación de discriminación que supuña o asfaltado en distinta calidade nesa parroquia saíu adiante con dous votos favorables da oposición e de todo o grupo do BNG.
Para o BNG queda claro que era indiscutible a corrección e necesidade desta medida. Tanto é ase que non foi posible a oposición manter as disciplinas de partido e finalmente os veciños e veciñas de Rarís poderán contar cunha infraestrutura en igualdade de condicións co resto de parroquias. Situación na que xa deberían encontrarse si en febreiro a oposición se houbera posicionado de forma similar.
A oposición presentou dúas mocións en contra das normas do hábitat galego - a normativa da Consellería de Vivenda que busca dignificar a vivendas que se constrúan na Galiza - e que non prosperaron. Para o BNG e evidente que esta e unha norma que defende os intereses dos compradores en detrimento dos interese dos promotores en pro dunhas condicións mais dignas de vida, algo que se debe defender con toda contundencia.
Por outro lado a iniciativa do psoe en contra de que as garderías infantís sexan xestionadas polo consorcio de igualdade e benestar non prosperou e tivo unha clara contestación baseada no feito de que outros concellos da comarca, como os de Tordoia, Dodro, Ordes ou Ames - gobernados por partidos da oposición - que reclamaron ou contan con infraestrutura deste tipo mentres en Teo estes mesmos partidos están impedindo que os seus veciños e veciñas poidan contar coas mesmas.
En relación coa moción socialista na que se pedía a Consellería de Política Territorial unha solución para as obras na ac 841 - concretamente na rotonda da Gaiteira - e a construción do paso elevado en Penelas, o alcalde nacionalista, Martiño Noriega, informou da xestións realizadas perante a Consellería e da postura do BNG de que a rotonda crea unha fractura de cacheiras que urxe solución e en relación coa ponte de Penelas o alcalde nacionalista defendeu a necesidade de dar unha resposta aos colectivos afectados entendendo que existiron compromisos previos do anterior delegado provincial que obrigan eticamente a manter a proposta de comunicación co lugar de Penelas,comunicación interrompida pola AG-59. A iniciativa foi aprobada por unanimidade e se transmitirá á conselleira socialista as inquedanzas dos veciños e de toda a corporación.
Por último, o psoe presentou unha iniciativa na que pedía o arranxo de varias estradas da deputación que foi aprobada por unanimidade. Nembargante o BNG manifestou o súa estrañeza pola practica dos representantes socialistas na deputación de manter reunións en Teo co grupo do psoe no concello e non reunirse co goberno local, algo que semella unha utilización partidista das institucións.