Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
O BNG de Teo chama aos veciños de Rarís e Reis a participar na vida municipal e a asistir próximo pleno
A formación nacionalista iniciou unha campaña para animar aos veciños e veciñas de Rarís e Reis a asistir ao próximo pleno do día 28. Con esta iniciativa busca conseguir que estes estean informados de forma obxectiva sobre as iniciativas levadas ao pleno da corporación en relación coa súa parroquia, xa que o grupo municipal do BNG presentará unha iniciativa para dotar de fondos o asfaltado con aglomerado en quente da Estrada de Pontevea – Milladoiro; iniciativa que busca contar co apoio de toda a corporación municipal.
Desafortunadamente, lembra o Renato Núñez, “esta iniciativa xa foi levada no seu día ao pleno municipal e foi rexeitada pola oposición”. Isto supuxo un agravio comparativo entre as distintas parroquias, xa que mentres uns contaban con aglomerado en quente, outros so dispuñan de gravilla.
No próximo pleno do día 28, a oposición volverá a ter a oportunidade de votar en favor dos veciños e deixar de lado as estratexias de partido que, no pleno de febreiro, supuxo unha discriminación clara para os veciños de Rarís e Reis.
Para rematar, Renato Núñez lembra que “aínda cando a oposición vote a favor da habilitación orzamentaria para o asfaltado da Estrada de Pontevea ao Milladoiro, a súa decisión de febreiro xa supuxo un prexuízo para as arcas municipais – e para todos os veciños de Teo - pois haberá que volver a asfaltar a Estrada co conseguinte aumento de custos.