BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O BNG tamén participará na concentración pola mellora da Rotonda da Gaiteira e por unha solución para a Ponte de Penelas

Busca que así se presione á Consellería de Política Territorial para tome decisións sobre ambos asuntos. 

O BNG de Teo participará na concentración convocada para o próximo día 25 ás 12:30 horas en Cacheiras, para pedir á Consellería de Política Territorial unha solución á división, de facto, que conlevaría a construción do enlace coa Autovía AG59 tal e como está planeado. Por outro, considera que a Consellería debe posicionarse sobre a construción ou non da Ponte de Penelas. 

Para a formación nacionalista a ninguén lle escapa que a forma na que se desenvolveu a urbanización da zona de cacheiras en torno á AC841 deu como resultado un entorno de difícil tránsito para os veciños e veciñas do concello. Agora, coa construción do enlace coa AG59 sen unha solución de continuidade para as beirarrúas e, en consecuencia, para os viandantes, nos atoparemos cunha división deste núcleo que afectará negativamente ao comercio e ás relacións veciñais da zona ademais de producir un problema de seguridade cidadá. O BNG pensa que aínda se esta a tempo de solucionar este problema e so depende da vontade política da Consellería de Política Territorial. 

No caso da Ponte de Penelas, os nacionalistas son sensibles as reivindicacións dos veciños e lembra que apoiaron a modificación da clasificación da vía para que a Delegación procedera a construción do paso elevado. Nembargante, a día de hoxe, Política Territorial sigue sen un posición definitiva. 

En relación con ambos asuntos O alcalde nacionalista de Teo, Martiño Noriega, trasladoulle ao Delegado de Política Territorial “a preocupación do goberno nestes temas a as demandas veciñais que recibimos nos últimos meses”. Así mesmo explicoulle “a necesidade de dar unha resposta definitiva aos veciños plantexando as diferentes alternativas para evitar máis crispación e inseguridade entre os afectados”. 

Por todo isto o BNG apoiará a iniciativa que levará o PSOE ao pleno do 28 de maio en relación con esta problemática, pero lembra que so a Consellería de Política Territorial, do Partido Socialista, é quen ten capacidade para solucionala.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados