BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O Concello de Teo destinará 300.000 euros en axudas ás asociacións

·        As asociacións teñen un prazo dun mes para presentar as solicitudes para as subvencións. 

·        O goberno municipal considera “prioritario manter unhas axudas que sirven para dinamizar a vida nas parroquias”. 

30 de novembro de 2007.  O concello de Teo vén de publicar no BOP de onte as bases que regulan a concesión de subvencións a asociacións. Para o 2008 o importe que se  destinará en concepto de axudas a entidades sen ánimo de lucro chega aos 300.000 euros. Teo é un concello cunha intensa actividade asociativa nas parroquias. Cabe destacar ademais que estas entidades, en moitas ocasións, cubrían un oco na oferta de lúdica, deportiva e de ocio no termo municipal. O goberno municipal, segundo explica o alcalde, Martiño Noriega considera “prioritario manter unhas axudas que sirven para dinamizar a vida nas parroquias”. Sen embargo nesta etapa de goberno “traballaremos en implementar unha política cultural propia dende o concello que atenda os intereses colectivos” continúa o alcalde. 

Cada asociación terá que presentar unha memoria coa actividade ou proxecto para a que solicita a axuda, acompañado dunha documentación que garante entre outras cousas a representatividade da entidade así como estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións. A partir da publicación da convocatoria de axudas no BOP onte os interesados dispoñen de 30 días para solicitar a subvención que debe presentarse no Rexistro Xeral do concello. 

Os criterios para a concesión das axudas valorarán entre outras cousas, o número de beneficiarios das actividades programadas pola entidade, o carácter habitual e continuo das mesmas ou o número de asociados. Estes parámetros serán estudiados pola Comisión de Avaliación, formada polos concelleiros de Cultura e Deportes, Educación e Servizos Sociais ademáis da animadora cultural. 

As axudas convocadas poden ser solicitadas por asociacións que traballan en eidos moi diversos, destacando a actividade cultural, deportiva e de ensino. Sen embargo o enriquecedor movemento asociativo do concello de Teo tamén se desenvolve en áreas como a formación social, a igualdade e o medio natural. Os patronatos dos cemiterios, as asociacións veciñais e as comisións de festas tamén serán beneficiarias da subvención municipal.

teo@bngteo.org  

Seccións

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados