BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O BNG destaca a aprobación do 80% das iniciativas debatidas no Pleno

Lamenta o cambio de criterio do Partido Socialista desde o pleno do 30 de agosto en relación co sistema de xestión das garderías.
 
O BNG de Teo valora positivamente o feito de que na sesión celebrada onte saíran adiante o 80% das iniciativas levadas a pleno. Quere destacar especialmente o aumento da participación cidadán que facilitará o novo Regulamento de Participación Veciñal; unha ferramenta que, co interese dos veciños e veciñas de Teo, permitirá un maior protagonismo da cidadanía no debate político, facilitando que expresen de primeira mans a súas inquedanzas nos plenos e diante dos seus representantes institucionais.
 
Tamén destacan a aposta pola revitalización do mercadiño de Cacheiras ca nova ordenanza de venda ambulante de Teo, outra ferramenta que, ademais de dinamizar a vida comercial do concello, aspira a crear un espacio de cohesión e encontro dos veciños e veciñas, aumentando a identificación dos novos residentes coa localidade.
 
Noutros aspectos, o concello de Teo avanza ca aprobación dunha ordenanza que mellora o transporte adaptado de Teo e coa corresponsabilidade na financiación de actividades deportivas e culturas que permitirá unha mellora na prestación do servizo.
 
Malia os aspectos positivos do Pleno, o BNG non pode pasar por alto a negativa da oposición a apoiar dous temas de sentido común. O primeiro é a mellora do servicio de recollida do lixo, da limpeza viaria e da xardinería; proposta que buscaba unha solución de urxencia a estes problemas sen pechar as portas a unha revisión de contrato con GESECO. Esta proposta foi rexeitada polos grupos municipais PSOE, INTEO e PP.
 
Por último, queremos chamar a atención sobre o aspecto máis desconcertante do Pleno para a nosa formación. Trátase da negativa do Partido Socialista a apoiar unha iniciativa presentada pola Alcaldía de Teo que recollía a proposta socialista do anterior pleno; que non era outra que as garderías de Os Tilos e Calo pasaran a xestión pública. No pleno do 30 de agosto o Partido Sociliasta negouse a apoiar a proposta da alcaldía de que as garderías pasaran a integrarse na rede galega de escolas infantís alegando que a súa postura estaba situada na xestión pública destes recintos pero que a súa inclusión na rede pública autonómica suporía unha perda de autonomía municipal a favor da Xunta de Galiza. Segundo recolle a acta da sesión do 30 de agosto “O Sr. Leis manifesta que non quere contestar ás alusións, e que quere facer enmendas á proposta, consistentes en que se faga a denuncia do contrato e a recuperación da xestión municipal”.
 
Sorprendentemente, cando a Alcaldía de Teo renuncia á súa postura inicial de integración na rede galega de escolas infantís e propón a xestión pública municipal das garderías o partido socialista da marcha atrás. O seu argumento agora é que a xestión pública é propia de políticas de esquerdas trasnoitadas e defende a xestión privada das mesmas, argumentado que “incluso o presidente Lula da Silva de Brasil está a privatizar o Amazonas”. Durante a sesión o Partido Socialista incluso presentou unha enmenda que no seu punto 3 di: “No caso de que haxa que tomar unha decisión, o Grupo Municipal Socialista, cos datos e informacións que manexa, contrastadas con experiencias de concellos de características semellantes ao noso e amén da falta de argumentación na proposta presentada polo Grupo de Goberno, inclínase pola adxudicación do servizo mediante concurso público”.
 
Desde o BNG pedimos coherencia nas propostas dos partidos políticos municipais, sobre todo aos que deben ser os nosos interlocutores preferenciais. Os cambios tan radicais de postura por parte do grupo socialista, sobre todo en períodos tan cortos (menos de un mes) supoñen unha falla de seguridade política que dificulta o entendimento ao non haber garantías de que ese entendimento se manteña.
 
Por outro lado, o BNG seguirá defendendo a xestión pública dos servicios municipais ate onde nos sexa económica e viablemente posible, pois iso se basea en posturas de principios ideolóxicos que sempre mantivemos e defendimos.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados