Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
Posicionamento da asemblea do BNG de Teo en relación cun pacto co PSOE
O Bloque Nacionalista Galego de Teo, despois de ter celebrado a súa xuntanza do Consello Local e a Asamblea de militantes e dado o debate aberto publicamente polo Partido Socialista de Teo e nomeadamente polo seu Secretario Xeral Jano Leis quere comunicar o seguinte:
1. O BNG de Teo sempre foi unha forza que apostou sen fisuras por un acordo co Partido Socialista. Entendemos que ese foi un mandato que o electorado emitiu co seu voto nas eleccións de Maio e durante estes meses conxugamos un goberno do BNG como lista mais votada nunhas condicións complicadas pola herdanza do anterior goberno cunha política partidaria de brazos abertos a un proceso de dialogo co PSOE. Nese senso e tras o acordo acadado entre as comisións negociadoras de ámbolos dous partidos a finais de Xullo que poñía os piares para un goberno de coalición ,o Bloque de Teo ratificou o devandito acordo nunha Asamblea celebrada por aquel entón agardando a que,independentemente do posterior diálogo para formalizar o mesmo, o PSOE de Teo fixera o mesmo. Atrás quedaban superados atrancos que provocaran moito malestar na nosa organización como foi a decisión unilateral PP-PSOE de dotar de dúas adicacións exclusivas (1 por grupo) aos partidos da oposición no primeiro pleno celebrado tras a toma de posesión. Entendiamos que iso dadas as circunstancias non era xustificable porque ademais de premiar o pasado non se axustaba a situación económica do Concello.
2. Asistimos con perplexidade a principios de Setembro a todos os acontecementos internos do Partido Socialista no cal preténdese reabrir de facto todo o proceso anterior cunha ratificación pola súa agrupación dun texto que modifica substancialmente no fondo e a forma o acordado entre as comisións negociadoras. A plasmación máis concreta deste feito é que o documento negociado e acordado entre as dúas organización, nin sequera foi presentado e debatido pola agrupación socialista de Teo Vólvese deste xeito, a pretender reabrir todo o proceso de reparto de areas,cuestións programáticas e adicacións exclusivas que xa foran acordadas. Dende o BNG asumimos que todo isto desautorizaba a súa comisión negociadora e dificultaba interlocutores válidos.
3. Todo isto descorre con desmarques do partido socialista no pleno de Agosto a temas nos que anteriormente se posicionaron de xeito diferente (ampliación contrato de Aquagest,escolas infantís na rede pública,etc.) xustificados polo PSOE polo proceso negociador pero que no fondo pretenden evidenciar a posición de dependencia do goberno sen importarlles os asuntos a tratar.
4. Asimesmo, tamén asistimos con perplexidade a unha campaña pública terriblemente agresiva do partido socialista e do seu secretario xeral Jano Leis polo anuncio definitivo de non do peche dos centros de saúde de Calo e os Tilos entre a Xerente de Atención primaria e o alcalde. Nesa campaña parece esquecerse que foi a presión cidadán (usuarios,médicos traballadores dos centros de saúde do Concello) e política (moción do BNG apoiada por todos os grupos da corporación incluídos o PSOE) os causantes do cambio de postura da administración. Empréganse asimesmo, termos dificilmente entendibles en alguén que se di disposto ao pacto.
Por todo isto o BNG de Teo acordou na súa asemblea:
• Reiterar a vontade de dialogo e de interlocución co PSOE sempre que se entenda que o acordo das comisións negociadoras debe ser a base dun acordo estable. Non estamos dispostos a reabrir continuamente procesos que merman a confianza e provocan malestar. Non estamos dispostos por unha cuestión de respecto con nos mesmos e a cidadanía a entrar a valorar novos documentos que pretenden modificar substancialmente no fondo e a forma do acordado previamente durante estes meses.
• Asumir ,mentres esas condicións non se den, que o BNG de Teo está lexitimado como lista mais votada a seguir gobernando o Concello de Teo entendendo que non ten maioría absoluta porque así o decidiu a cidadanía e que o dialogo co PSOE é fundamental para sacar adiante proxectos e cuestións puntuais. A política do todo ou nada non e asumible xa que se entende que independentemente de procesos de dialogo as forzas políticas deben posicionarse nos temas a debate con responsabilidade e sendo fieis aos seus principios programáticos.
• Solicitar do partido socialista e nomeadamente do seu Secretario Xeral Jano Leis un cambio de actitude que diminúa a crispación que lle está a imprimir a política municipal e permita establecer un campo de confianza para chegar a puntos de encontro nun futuro. Esta actitude actual tan só se entende si o que se pretende é forzar unha negociación ata límites non asumibles ou ben si o que se pretende e xogar á desestabilización dun novo goberno eleito democraticamente. Calquera das dúas opcións son difíciles de compartir por esta organización.
• A Asemblea Local do BNG considera que sería indispensable o debate, por parte do Partido Socialista, do acordo chegado polas Comisións de Negociación e que quedara pendente de ratificación polas asembleas