BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O BNG defende a regularización do autotaxi en Teo

Mañá martes 31 de xullo celébrase a sesión ordinaria do Pleno no Concello de Teo, no Centro Sociocultural da Ramallosa, sede provisional da Casa do Concello. Este pleno ordinario terá lugar en horario de mañá, ás 10,00 horas, xa que aínda non está en vigor o novo ROM Regulamento de Ordenación Municipal, aprobado inicialmente na sesión do pasado 6 de xullo. Nese pleno aprobouse por unanimidade que os plenos se realicen os últimos mércores de mes ás 20,00 horas, para facilitar a asistencia da cidadanía.

O BNG considera importante regularizar o transporte por autotaxi xa que existen dezaseis licenzas, das cales só seis exercen a súa actividade na actualidade. Neste sentido é importante crear tres paradas permanentes nos núcleos da Ramallosa, Cacheiras e Casalonga, asignar licenzas a cada parada, e incluir o teléfono das paradas en toda a publicidade do concello e na web. Moitos veciños nin sequera saben que temos taxis no municipio ou cómo poden localizalos, véndose na obriga de usar o servizo de profesionais doutros concello limítrofes co incremento de gasto que esto supón para os cidadáns.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados