BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

A asemblea do BNG de Teo ratifica por unanimidade o acordo de goberno có PSOE

O pasado martes a asemblea local do BNG deu o seu visto bo á proposta de pacto de goberno có PSOE, e que foi exposta polos membros da Comisión de Negociación: Renato Núñez e Rafa Sisto.

Despois das reunións realizadas polas Comisións Negociadoras o venres 27 (na que estableceu unhas bases de traballo) e o luns 30 (na que se concretou o acordo, que quedou listo para a súa ratificación) a asemblea do BNG reuniuse xá o martes 31 para debater os seus puntos e establecer unha postura.

Nesa reunión a Asamblea Local apoiou o acordo chegado entre as Comisións Negociadoras, incluído a cesión da área de Obras Públicas e Servizos Básicos ao PSOE (unha das catro grandes áreas reclamadas polo Partido Socialista), así como unha dedicación exclusiva para a primeira tenencia de alcadía e outras dúas parciais.

Tras este acordo, no que se mantén o equilibrio de xestión nun 40% para o PSOE e 60% para o BNG, as Áreas de Goberno xestionadas por cada Grupo Municipal quedan como sigue:



BNG: Sanidade, persoal e réxime interior, economía, facenda e seguridade; Urbanismo, vivenda e patrimonio; cultura, deporte e comunicación social; igualdade e benestar social; educación; transporte, comercio e consumo.

PSOE: Obras públicas e servizos básicos; medio natural; emprego e desenvolvemento local; mocidade.



O acordo tamén prevé unha segunda tenencia de alcaldía para o BNG e a retirada da dedicación exclusiva ao Partido Popular.

Como conclusión da asemablea, considérase que é primordial para Teo que se cristalice o goberno de coalición á maior brevidade posible e amósase unha grande confianza en que este pacto sexa ratificado pola Asemblea do Partido Socialista para permitir que Teo poida contar cun goberno de coalición que cumpra có mandato feito pola cidadanía nas últimas eleccións municipais.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados