BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

O alcalde Teo reclama solucións para a precariedade no Transporte Metropolitano do Concello

• Martiño Noriega espuxo nunha xuntanza coa Directora Xeral de Transporte a “paradoxa” de que o concello de Teo aforre un 77% sobre a previsión de gasto para 2007 no servizo de Transporte Metropolitano 27 de xullo de 2007.

O alcalde de Teo, Martiño Noriega, mantivo unha xuntanza esta mañá coa Directora Xeral de Transportes, Mar Chao, na que manifestou “o noso profundo malestar pola precariedade do servizo de Transporte Metropolitano no concello de Teo”.

O primeiro edil teense participou neste encontro xunto co resto dos alcaldes da comarca, que solicitaran conxuntamente este encontro a semana pasada para falar das deficiencia que presenta o sistema de Transporte Metropolitano.

Ante a negativa da Dirección Xeral de Transportes de “plantexar solucións e medidas para mellorar este servizo, tivemos que forzar un novo encontro previsto para o vindeiro martes 31 de Xullo” explica Noriega. “Confiamos en que a semana que vén a disposición da administración autonómica sexa a de buscar solucións e actuacións e non só se autoxustifiquen na lentitude dos procesos administrativos”, continúa o alcalde de Teo. Martiño Noriega trasladou neste encontro as principais deficiencias do Transporte Metropolitano en Teo. “Existe moito malestar pola falla de información ao usuario/a ademais das diferenzas nas tarifas, que son incomprensibles” explicou o alcalde. “O sistema en si mesmo é confuso pola profusión de empresas e disparidade de destiños, ademais de existir dificultades para indentificar os autobuses adheridos ao sistema” continúa Noriega.

En Teo prodúcese un aforro “paradóxico dun 77% sobre a previsión de gasto para o 2007 para este servizo, dato que para o equipo de goberno é unha preocupación xa que é a expresión dun fracaso que ten que preocuparnos a todos” explicou o alcalde esta mañá na xuntanza.

O grupo municipal do BNG votara en contra do servizo cando se puxo en marcha, xa que “aínda que estábamos a favor dun transporte público adecuado o proxecto non nos ofrecía garantías de funcionamento” salienta Noriega. “A reunión de hoxe é a constatación de que estábamos no certo, mais confiamos en que exista vontade política para paliar as deficiencias e mellorar o servizo” finaliza Martiño Noriega.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados