BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

novas

Aberto o prazo para solicitar axudas destinadas a persoas maiores e persoas discapacitadas

• Entre as persoas da terceira idade destacan as solicitudes para próteses auditivas e dentais

• O prazo para presentar as solicitudes remata o próximo 28 de agosto

As subvencións de Vicepresidencia, destinadas a persoas maiores e persoas con discapacidade para facilitar a súa autonomía persoal e accesibilidade para o exercicio 2007, veñen de ser publicadas. Os veciños e veciñas beneficiarios/as poden xestionar a subvención a través do departamento de Servizos Sociais do Concello. A data límite para presentar as solicitudes remata o vindeiro 28 de agosto.

As persoas beneficiarias destas subvencións son os maiores de 65 anos que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluida no ámbito doutras liñas de protección social e sanitaria. De entre os menores de 65 anos poden solicitala as persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia.

A liña de axudas está destinada sobre todo a financiar a compra de próteses e axudas técnicas a persoas con discapacidade visual, autiditiva, ou para mobilidade e comunicación. Ademáis disto tamén se subvencionan actuacións para adaptar o fogar e suprimir barreiras arquitectónicas e de comunicación nas vivendas ou nos vehículos.

Segundo explica o departamento de Servizos Sociais do concello, nos anos anteriores o tipo de axudas varía en función do tipo de solicitude. Mentres as persoas con discapacidade solicitan financiamento para logopedas, motricidade infantil; a terceira idade pide as axudas maioritariamente para próteses auditivas e dentais. A adaptación funcional solicítase normalmente para adaptar cuartos de baño.

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados