BNG de TEO

Contacta connosco:

Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org

A nosa opinión

 

RESPECTO

Martiño Noriega (Ptavoz BNG Teo)*
Existe un convencemento instaurado na cidadanía de que independentemente de cuestións éticas ou de cómo xestionar os cartos públicos,un ano de eleccións rendabilízase socialmente coa frenética actividade e os compromisos adquiridos polos responsables públicos para cos seus electores.Arranxo de estradas,aumento da actividade cultural e o impulso a obras agardadas e demandadas forman parte deste circulo vicioso que asume fatalmente para todos que unha persoa que ten esa responsabilidade debe tan só (ou canto menos) responder cos seus veciños e veciñas no derradeiro tramo do seu mandato.
En Teo,”a vida segue igual” e o seu grupo de goberno,non conforme con inserirse nestas dinámicas insiste en deixarnos o Concello como unha leira que non admitirá nin o título de chousa,coa toma de decisións dificilmente explicables.
Viaxes ao exterior coa organización de cuchipandas que non solucionarán a problemática dos nosos irmáns alén do mar,aprobación in extremis da normativa urbanística que regulará a vida do Concello os vindeiros 16 anos hipotecando o desenrolo do rural e chiscándolle un ollo aos grandes intereses inmobiliarios da comarca,contratación de persoal municipal sen garantir a igualdade de oportunidades e a transparencia,envíos indiscriminados de publicidade institucional con custos en Correos de mais de 6000 euros mes,organización de todas as actividades de lecer como se o ano tivese 4 meses e planificación de obras non asumibles para todos por prazos e prioridades e o culmen do exceso no que vive instalado o noso alcalde dende fai anos e que ten hipotecado o noso concello en mais de 3 millóns de euros. As auditorías futuras e as eleccións de Maio depurarán responsabilidades mais agora é o momento de esixirlle aos que nos gobernan un pouco de respecto con nos,o noso futuro e os cartos de todos e todas (que non deles). (10/04/2007)

UN BERRO CONTRA O ESQUECEMENTO

Martiño Noriega*
Cando un ten a sensación de camiñar con paso cambiado nos días que corren, sempre hai persoas coma Isaac Diaz Pardo e Avelino Pousa Antelo que te reconcilian coa vida emprestándoche co seu facer cotiá parte dos seus folgos, ilusións, e moito do seu compromiso coa recuperación da memoria histórica no noso país.
Foi Avelino, mozo instalado nos 90, quen coa axuda do finado Xosé Cruces (farmacéutico de Cacheiras, home de bén) puido atopar en Montouto (Teo) o lugar onde pasearan ao derradeiro alcalde republicano de Compostela Anxel Casal. Foi Avelino, quen coa axuda de Isaac xa hai xa anos, conqueríu erguer un pequeno monumento no lugar dos feitos para que xa nunca máis esquezamos que alí morreu no 36 parte da historia viva deste país, membro das Irmandades da Fala, fundador da editorial Nos e Lar, persoa que, según Castelao, «fixo máis por Galiza que todos nós xuntos».
É Avelino Pousa quen cada ano por estas datas acude a Montouto na compaña do seu inseparable amigo, o escritor David Otero, para preparar o lugar onde cada 19 de agosto as mulleres e os homes de ben levan flores a Anxel Casal, coma se de un berro contra o esquecemento se tratase, como esconxuro contra o mal de aire. Escribíu Beiras hai dous anos que certas actitudes estaban a refusilar aos represaliados da Guerra Civil. Hoxe, encetando un novo goberno, agardamos que o corazón e o maxín deste estén con persoas que como Avelino Pousa mantiveron un facho aceso para que ninguén esqueza o que aquí aconteceu hai xa 69 anos. (19/08/2005)

CARTA ABERTA

Espazos de Convivencia

Martiño Noriega*
Na política , como en moitas outras cousas da vida é importante atopar espazos de convivencia. Lugares, onde independentemente de posicionamentos ideolóxicos, sexamos capaces de dialogar sen confrontar na búsqueda dun mínimo común.
Esta reflexión, convírtese nunha necesidade no funcionamento das Corporacións Locais. Pola sua cercanía ao cidadán, aos problemas do diario, o Concello e o lugar onde estos espazos de convivencia deberian estar á orde do dia. Todo o contrario pasa en paises non normalizados políticamente que siguen instalados en modus operandi de hai 30 anos. Neste sentido, Teo non é unha excepción mais si é un gran exemplo.
O acontecido no derradeiro pleno do 25 de Xaneiro demostra que, independentemente dos problemas que poidamos ter co endebedamento, o urbanismo e a xestión de servicios, algo falla na base que sustenta o normal funcionamento dunha Corporación.
Unha sesión plenaria onde non se aproba a solicitude de dimisión dun Concelleiro por unha condea xudicial (por ameazas e intimidación a outro Concelleiro), onde o propio Alcalde se autoadica unha rúa (caso insólito no País e no Estado) e onde por solicitar unha cuestión de orde (contemplado na Lei de Réxime Local) se ordea o desaloxo pola forza dos membros da oposición , convírtese nun pésimo exemplo do que non debe acontecer se estamos interesados en atopar espazos de convivencia.
O deterioro da vida municipal que estamos a vivir no Concello de Teo vai máis alá do chiste facil. Que en pleno século XXI estense a dar situacións como estas, hipóteca calquer posibilidade de construir entre todos un Concello distinto e obriga a buscar respostas e responsabilidades en todos aqueles que a dia de hoxe amparan este tipo de comportamentos, coa calada por resposta ou sinxelamente, mirando para outro lado. (01/02/2005)

BÚSCASE CABALO PARA FUTURA ESTATUA DO ALCALDE

ARMANDO AUTOADÍCASE UNHA RÚA NO CONCELLO

Ata foi pouco, non se coñecia ningún caso de que un Alcalde en activo se autoadicase unha rúa. En Teo o Alcalde, disposto a pasar a posteridade por innovador neste campo ,decidiu no derradeiro pleno rachar con esta situación poñéndolle a un vial que recentemente se amañou na parroquia de Oza cos fondos da Diputación, o nome de avenida ALCALDE BLANCO.

De nada lle valeu a Armando que se lle dixese dende o BNG que os candidatos para tal cousa deben aglutinar consenso social e recoñecemento de meritos, situación que evidentemente non se da nesta persoa a dia de hoxe.
Parapetado tras un ficticio apoio popular ( a recollida de sinaturas impulsouse dende o seu entorno), o Alcalde decidiu practicar o onanismo político co apoio de Parajo e o resto dos seus socios no goberno. O problema, non e que decidise darse autopracer institucional. O problema está en todos aqueles que co seu voto ampararon que Teo pase a posteridade non por calidade de vida senon por ter un Alcalde que impúlsa homenaxes en forma de placa.

Cansos e preocupados de que nos últimos tempos o Alcalde se autorregale doctorados honoris cause de pego e ruas da cidadania teense, o BNG advirte a veciñanza ante o que parece non ter fin.
Contan as malas linguas que os socios do Alcalde buscan cabalos pola comarca para unha futura estatua de Armando vestido de Xeneral do Ulla. Todo e posible con este personal (pobres cabalos). (01/02/2005)

Campañas

Ampliar a información

Enquisa

Está vostede a favor da xestión pública das escolas infantís?

 

Si

Non

Non sabe

 

 

Ver Resultados