Contacta connosco:
Tfno: 628 606043- Correo: teo@bngteo.org
Diante das vindeiras eleicións municipais do mes de Maio, o BNG de Teo solicita a colaboración de todos cantos participan da nosa idea de que estamos diante dunha oportunidade histórica para rematar con anos de desgoberno municipal nos que o noso concello veuse abocado a políticas nefastas que supuxeron na práctica o progresivo deterioro das condicións ambientais, urbanísticas e de convivencia ata chegar a un punto no que é imprescindibel que un novo goberno municipal asuma o compromiso de devolver á cidadanía de Teo a ilusión e que sexa capaz ao mesmo tempo de dar resposta ás súas lexítimas demandas.
Coherentemente co noso compromiso de transparencia e de independencia, vimos de abrir unha conta corrente en Caixa Galicia á que poderán ser dirixidas as aportacións de todos aqueles que desexen contribuir coa súa axuda a facer posíbel que Martiño Noriega poida facer efectivo o seu compromiso dun goberno próximo, fiable e honesto que faga posíbel que o noso concello recupere a dignidade e o progreso.
E para iso precisamos do túa colaboración. Cada pequena aportación que agora poidamos recibir, por pequena que poidera parecer, nos alonxa un pouco máis da dependencia que outros haberán de ter das grandes aportaciós que sen dúbida van recibir como adianto de futuros favores a devolver. O noso compromiso e devolver tan só traballo, honestidade e dignidade.
Grazas pola túa axuda.
2091-0710-74-3040002517Caixa Galicia.
Temos unha opción de cambio para Teo. OUTRO TEO E POSIBEL
EN CACHEIRAS ...
Sempre hai atasco
Non hai beirarrúas
O lixo recóllese cando se pode
Non hai papeleiras
...
EXERCE OS TEUS DEREITOS. RECLAMA UN CONCELLO DIGNO
Intentámolo de todas as maneiras e non houbo xeito. Pretendíamos algo tan sinxelo como evitar que os papeis e o lixo se tirasen na rúa. É certo que é un problema de educación, pero o concello debe poñer os medios necesarios e promover e facilitar que a xente non emporque as rúas.
¡Queremos papeleiras no Concello de Teo!
A principios de 2005 iniciamos unha campaña de papeleiras virtuais: fotos que puxemos nas farolas pedindo, esixindo, as necesarias papeleiras.
Máis de 16.000 habitantes e nin unha puñetera papeleira. Todo un record.
Empezamos no ano 2000 e seguimos.
Queremos garantir que a xente poida pasear segura pola rúas, que se poida circular coa carros dos nenos, que se poida cruzar unha rúa sen xogármonos a vida.
Os carteis demandando seguridade vial na C-541 duraron 24 horas ¿A quen molestaban os carteis? ¿Quen se podía sentir ferido polo que educadamente reclamaban?.
Hoxe seguimos igual: con pasos de cebra que provocan infartos e arriscando a vida para saír da urbanizacións.